Arquivo Camilo José Cela

Arquivo de prensa:

Doutra banda, atópase o arquivo de recortes de prensa, unha das ferramentas máis útiles para os investigadores e estudosos que queiran profundar na obra e vida do prolífico escritor. Este fondo configúrase en dous conxuntos diferenciados: por unha banda, o que reúne a obra publicada por Camilo José Cela en prensa e, por outra banda, as críticas ou alusións referidas a el. Hai que destacar que os tomos correspondentes aos primeiros anos foron reunidos e ordenados polo propio autor, e teñen, en moitos casos, anotacións manuscritas de innegable valor.
Esta colección está composta por máis de 170.000 recortes desde a data de publicación dos seus primeiros textos ata o seu falecemento no ano 2002.

Fototeca e mediateca:

Máis de 12.000 fotografías e diapositivas constitúen o arquivo fotográfico que se conserva na Fundación. Este material testemuña a intensa vida do escritor, as súas múltiples viaxes e os principais acontecementos da súa traxectoria literaria e dos seus moitos encontros con personaxes relevantes da vida cultural ou social española do século XX. Para consultar parte da fototeca do escritor podes consultar Cervantes Virtual/Fototeca.

A mediateca está composta por numerosos documentais sobre a súa vida e sobre a súa obra, entrevistas en televisión e reportaxes dos acontecementos que o acompañaron ao longo da súa traxectoria como escritor. Películas de cinema baseadas nas súas obras e outros documentos de variada temática terminan de configurar este completo fondo de case 1000 audiovisuais dixitalizados.

Subscríbete ao noso boletín