O pasado venres, 15 de setembro, e coincidindo co 150º aniversario do inicio do primeiro tren galego, a Fundación Camilo José Cela inaugurou a restauración da locomotora SAR, bautizada familiarmente como "Sarita". Deste xeito, este emblemático elemento volve a estar dispoñible nos xardines da Casa-Museo para os visitantes que se acheguen á sede en Iria Flavia. Restaurada pola empresa Sinde, a Sarita, unha locomotora Hunslet de 1880, mostra en todo o seu esplendor o seu material orixinal.
O acto de inauguración contou coa presenza do Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez; o Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o Alcalde de Padrón, Anxo Rei; o Xerente de Área de Galicia de RENFE, Alberto Martínez Atienza, e o Presidente da Asociación Compostelana de Amigos do Ferrocarril, Carlos Abellán, entre outros invitados.
Trala inauguración, os asistentes disfrutaron dunha visita guiada ao Museo do Ferrocarril "John Trulock", radicado na sede da Fundación en memoria do avó materno de Camilo José Cela.