No día de onte, 10 de setembro, tivo lugar nos xardíns da Fundación Camilo José Cela a presentación do poemario Méixome de Lucas López Méijome, publicado pola editorial Talón de Aquiles. O xoven poeta reflexa nos seus versos as súas pantasmas,os seus amores rotos, a súa terra natal e a súa visión do mundo. Versos cheos de sentimento, coma estes: "El amor es esa energía / que no se va con un adiós".
O acto foi presentado por Juan Antonio Testón e rematou cun concerto de Mr. Cool, que puxo o broche de ouro á xornada.