A Fundación Pública Galega Camilo José Cela lanza a súa proposta educativa para o curso escolar 2023-2024. Esta programación para os centros escolares inclúe visitas dinamizadas ao Museo, proposta de obradoiros didácticos complementarios ás visitas, asesoramento personalizado e préstamo de valixas didácticas coas que os propios centros educativos poderán traballar sobre as letras, a literatura e os Museos nas propias aulas/bibliotecas.
Tódalas actividades incluídas nesta programación educativa son gratuítas e precisan de reserva previa nos teléfonos e enderezos electrónicos habituais da Fundación.
Nunca un inicio de curso foi tan divertido!
Para máis información, preme neste enlace: [GAL]Programación Educativa Museo CJC_2023-2024_.pdf