O pasado venres, 17 de xaneiro, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enxalzou o “relevante labor” da Fundación Pública Camilo José Cela “na dinamización cultural de Galicia”. Fíxoo tras participar na ofrenda floral co gallo do 23 cabodano do pasamento do escritor padronés.
Tras a ofrenda floral, o conselleiro visitou a primeira exposición deste ano da Fundación Camilo José Cela para conmemorar o 26 aniversario da publicación de Madera de boj, a derradeira novela de Camilo José Cela. A mostra ofrece a xénese da súa creación e a relación do escritor coa Costa da Morte, comarca na que residiu para documentarse. Esta obra comezouna a perfilar a principios dos anos 80 co obxecto de completar a triloxía galega que iniciara con La Rosa e Mazurca para dos muertos.
A exposición, que estará aberta na sede da Fundación en Iria Flavia ata o mes de marzo, reúne un conxunto de 75 pezas, no que destaca numeroso material de traballo utilizado polo escritor e o feito de que gran parte del exhíbese por primeira vez. Poderá visitarse en horario de luns a venres de 10.00 a 14.000 h.