CELEBRACIÓN DO CENTENARIO DO DÍA DO LIBRO

Conmemoración del Centenario del Día del Libro

Co gallo do Centenario do Día do Libro o vindeiro 23 de abril, a Fundación Camilo José Cela únese aos actos conmemorativos con dúas convocatorias.

O día 23 de abril, ás 20.00h, o guía turístico, actor e historiador Suso Martínez presentará a segunda edición do seu libro El Rey de los Jíbaros de Ortigueira, onde narra a emigración de Manuel Martínez a Cuba no ano 1850. A historia relata as brutais realidades de la escravitude, as loitas dos inmigrantes e as ambigüidades morais do poder e a opresión.

Doutra banda, o día 25 de abril, ás 20.00 h., estrearase a obra "Repunantas. As punkis da literatura galega", de Francisco Castro e Inma López Silva. Trátase dunha proposta musical y literaria que recorre as voces femininas da literatura galega, desde as cantigas medievais ata figuras como Begoña Caamaño, homenaxeada no Día das Letras Galegas. 

Ámbolos dous actos son gratuítos ata completar o aforo do Paraninfo da Fundación Camilo José Cela. 

Para máis información, pódese chamar ao teléfono 981-81.24.25 ou escribir ao correo electrónico iriaflavia@fundacioncela.com